Páginas

miércoles, 20 de junio de 2012

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO

Coa chegada do fin de curso, tamén chegaron as excursións. Nós fomos, xunto coa clase de sexto e os profes Paco e Rubén, á localidade de Oia, na Provincia de Pontevedra. Ao longo dos dous días que durou a viaxe, fixemos infinidade de cousas, que se describen a continuación:

1º DÍA


  • Ás 08:30 da mañá partimos de Guntín con destino á illa da Toxa.
  • Ao chegar, paseamos pola mesma para ver o casino, balnearios, a Ermita das cunchas, a fábrica de xabrón...
  • Posteriormente, dirixímonos ao Grove, onde demos un paseo polo porto e posteriormente collemos un deses barcos con visión submariña que dan un paseo pola ría, onde, ademais, comemos uns mexilóns (moitos mexilóns, concretamente, sete fontes...) e bebemos uns refrescos.
  • Xa en terra, fomos ata a praia da Lanzada, onde tivemos que reprimir as nosas gañas de darnos un chapuzón debido ao vento.
  • A continuación, fomos para Sanxenxo e, paradóxicamente, a climatoloxía era moi boa, polo que fomos para a praia e, por fin, puidémonos bañar.
  • Despois de hora e media de praia, decidimos emprender rumbo ao camping onde nos iamos albergar; no medio do camiño, paramos a comer e, a pesares do atracón de mexilóns, comemos uns bocadillos de moi boa gaña.
  • Unha vez no camping, acomodámonos nos bungalows e rapidamente fomos para a piscina, onde os profes non nos deixaron meternos na auga ata pasada hora e media. Iso si, unha vez dentro, non había quen nos sacara. Desta maneira, pasou a tarde, entre chapuzóns e diversos xogos.
  • Chegadas as nove da noite, e despois de nos duchar, fomos a cear. Rematamos a xornada xogando ao billar, futbolín...
  • Ás 11:30, os profes querían que foramos para a cama pero... nós non tiñamos moitas gañas, así que nolas inxeniamos para ir arañando tempo. Desta maneira, eran as dúas da madrugada cando os profes puideron durmir tranquilos (tiveron que estar de ronda...). Quedamos en levantarnos ás 08:00 do día seguinte.

2º DÍA

  • A pesares de quedar en levantarnos ás 08:00 eran as 07:45 cando estabamos petando na porta do bungalow dos profes...
  • O día apareceu moi desapacible, con moita choiva, o que truncaba os nosos plans, xa que tiñamos programada unha ruta en bici ás beiras do río Tamuxe (un afluente do Miño) para posteriormente volver ao punto de partida en "kayak". Os profes optaban por cancelalo, pero nós non queriamos quedarnos sen actividade, polo que finalmente fomos.
  • A travesía en bicicleta foi preciosa, e ademais, tivemos sorte, dado que non choveu.
  • Pero, cando cambiamos o medio de transporte... comezou a diluviar. Con esta climatoloxía, facíase moi dificil remar, polo que a medio camiño, e mollados ata os osos, decidimos deixalo. O autobús veunos buscar e marchamos para o camping.
  • Alí, aseámonos e comemos. Despois, xogamos de novo ao billar e ao futbolín e marchamos, rumbo ao monte de Santa Tegra.
  • As vistas foron impresionantes. Podiamos albiscar a desembocadura do Miño e, ao outro lado, Portugal, cuns areais inmensos.
  • Baixando, paramos nas ruinas do castro que alí se ubica, onde aprendemos un pouco máis acerca da vida dos castrexos, os nosos antepasados.
  • Dende alí, emprendemos rumbo cara a casa, pero aínda nos quedaba unha parada, dado que había fame. Desta maneira, paramos en Tui para visitar un "Burguer King".
  • Co bandullo cheo, voltamos para Guntín, mentres escoitabamos na radio o partido de España.
En definitiva, a viaxe foi moi divertida. Ademáis, aproveitamos o tempo ao máximo, polo que puidemos facer moitísimas cousas.



A continuación, recollemos algunhas fotos. Faltan as do "Kayak", pero foi imposible facer algunha debido ao temporal.



















































martes, 10 de abril de 2012

I´M FROM LUGO, SPECIFICALLY FROM GUNTÍN

Antes das vacacións de Semana Santa, unha reporteira do Progreso veu ao colexio para facernos unhas fotografías cunhas camisetas que recollían a seguinte frase: I'M FROM LUGO, SPECIFICALLY FROM GUNTÍN. O pasado día 2 de Abril, publicaron un especial onde recollían as fotos que realizaron en varios colexios da provincia. A contnuación, podedes ver aquelas nas que saímos nós.







A continuación, podedes ver a reportaxe completa:
'm from Lugo (1)







viernes, 30 de marzo de 2012

miércoles, 29 de febrero de 2012

AXENDA 21

O noso centro é un dos que está a desenvolver a Axenda 21, un programa ambiental que ten por obxecto concienciará totalidade da comunidade educativa sobre a importancia de reciclar os nosos resíduos para frear a degradación ambiental que sofre o noso planeta.

Pero, a nosa función vai moito máis alá que a simple explicación do problema; debemos converternos en axentes activos, en persoas que leven a cabo accións encamiñadas a conseguir este obxectivo.

Polo tanto, os do terceiro ciclo (5º e 6º) elaboramos un tríptico informativo sobre o reciclado do aceite, o noso obxecto de traballo.

reciclado de aceite


lunes, 27 de febrero de 2012

O ANTROIDO

Con motivo da celebración do Antroido, nenas e nenos de todo o centro disfrazámonos seguindo unha temática común, que foi O DÍA E A NOITE. Nós, os de 5º de Primaria, decidimos facelo de horas.
Aquí tedes algunhas fotografías:


Como vedes, falta un de nós, Xabier, que precisamente ese día enfermou.

Ademáis de nos disfrazar, participamos no festival do centro, onde recitamos unhas cantigas propias desta época, elaboradas na súa meirande parte por nós.

En canto nos pasen as fotos do festival, poderedes velas.


miércoles, 8 de febrero de 2012

A NOSA OBRA DE TEATRO

Con motivo da celebración do Nadal, as nenas e nenos de quinto e de sexto preparamos unha obra de teatro, "A Cerilleira", baseada na obra homónima de Hans Christian Anderden.

Ao principio, foi algo difícil, xa que a maioría de papeis tiñan bastante texto, había cambios de escea contínuos..., pero, finalmente, foi todo un éxito, como o resto de actuacións dos outros cursos.

A continuación, podedes ver algunhas fotografías: